Sociolingüística galega. Problemas e pescudas Autors/ores Henrique Monteagudo Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela. Paraules clau: sociolingüística galega, estado da arte, bibliografía. Resum No presente contributo imos presentar un panorama, necesariamente breve e talvez parcial, e un balance, obrigatoriamente provisorio, dos estudos de sociolingüística galega. O panorama ofrécese máis como unha especie de «estado da arte» ca como un relatorio de proxectos en curso. Xa que logo, trataremos de desenvolver un apertado relato histórico do desenvolvemento do noso campo de estudo en Galicia, dos resultados máis relevantes que obtivo e dos debates de maior alcance. Non se impaciente o/a leitor/a se nos detemos con certo vagar nas reflexións formuladas e nos debates trabados nos primeiros tempos, pois en boa parte unhas e outros acoutaron o campo e construíron o marco de intelección en que se desenvolveu a sociolingüística galega nas últimas décadas. Dado o carácter do traballo, presentarase unha bibliografía extremadamente sucinta. Con certeza, existe un senso de xustiza histórica no feito de que este relatorio se veña presentar e publicar a Barcelona, pois a sociolingüística galega naceu e se desenvolveu en boa parte baixo a inspiración da sociolin-güística catalá.Palabras clave: sociolingüística galega, estado da arte, bibliografía. Descàrregues Les dades de descàrrega encara no estan disponibles. Descàrregues PDF Número Núm. 22 (2012): Els usos lingüístics a Catalunya: un estat de la qüestió Secció Secció miscel·lània